Clausura da exposición "A Galicia do Galicia"
Onde: Sede da Fundación Barrié, A Coruña
Data: 28 de xuño do 2012, 20:00
Organiza: Fundación Barrié
Para finalizar a exposición, hoxe proxectaráse na sede da Fundación Barrié da Coruña o filme Galicia de Carlos Velo. A proxección estará comentada pola académica Margaríta Ledo Andión.
«A recente aparición nun arquivo ruso de novos materiais do filme de Carlos Velo Galicia (1936), para alén de permitirnos unha aproximación fidel á película que ideou o seu autor convértese nunha fonte preciosa de cara a ollarmos unha época onde frorecen eses novos obxectos culturais que ao mesmo tempo constrúen a nación: eís un xornal, eís un filme co mesmo nome, Galicia, que lle dá corpo ao ideario da xeración de avangarda.»
Margaríta Ledo