A marxinación do galego
30/07/2012
Da teimosía n-unha óptica revirada ao pasado ningún proveito podera agardarse. Con conciencia do mal, ou sin ela, semellante visión é a que maitén ainda hoxe, envolto n-un senso reverencial de reliquia, ao idioma galego. D-unha banda, polo fenómeno de marxinación, que xa leva durado mais de catro séculos. Resulta, quéirase ou non, da presión asimilista que exerce o castelán oficializado.
D-outra banda, pol-o complexo de inferioridade, que en torno á fala propia aquela marxinación provocóu na área de nacencia. A proscripción do uso nas escolas, no culto, nas relacións adeministrativas, etc tiña que acarrexar a longo termo, cando menos, ésta pauliña serodia da auto-subestimación. Máxime na poboación mono-lingüe, que ainda hoxe chega ou pasa dos tres cartos da total.
Temos diante de nós un “status” posicioal viciosos e falaz, que algún día entrará no desxelo. Mais pra conquerir tan lexítimo obxectivo, non abonda co-a denuncia isolada e teórica. Cando menos si se exerce com-a deica agora, arrequecida nos sentimentos reivindicativos, e pouco mais.
Recuncando n-este xeito de obrar, é ben seguro que non se vencerá a xordeira das esfinxes entronizadas. Mais a cousa podería mudar de vez, si fóramos homes d-abondo pra ligar o problema do idioma, a un pensamento social moito mais que á reacción senimental.
Fai falla escomenzar poñendo en destaque, entre os valores que a nosa lingua conserva, a sua capacidade como “meio de comunicación”. Chegóu o intre de cifrar a importancia do idioma – mais que no su orixe e seus servicios á creación literaria ou histórica-, no censo das persóas que valéndose da ferramenta verbal recibida no lar, poden entenderse pol-o ancho mundo. Ao mesmo tempo compre ter en conta a evolución previsible das magnitudes demográficas que veñen avencelladas, na comunidade lingüística, resultante d-un arriscado proceso histórico.
Fragmento de "A evolución tras-continental da lingua galaico-portuguesa"
Editado en "O provir da lingua" Lugo 1968