“Valentín Paz-Andrade, galego de corazón” e “Colleita do 1898” gañan o concurso-exposición Letras Galegas 2012
‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’ -do CEIP Alfonso Daniel R. Castelao- e ‘Colleita do 1898’ -do IES Xoán Montes- imprimiranse e distribuiranse, acompañadas de cadansúa guía didáctica explicativa, para fomentar o achegamento do alumnado a Paz-Andrade e á súa obra.
Con esta iniciativa, a Consellería quere impulsar o estudo da obra de Valentín Paz-Andrade, favorecer a reflexión sociolingüística sobre o contexto histórico do autor, incentivar a realización de actividades que fomenten a colaboración multidisciplinar e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado e fornecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa divulgación como referentes para a creación doutros.
Estas dúas exposicións e as guías didácticas explicativas que as acompañan constitúen ademais un material de apoio ao importante labor desenvolvido desde os Equipos de dinamización da lingua galega en favor da aprendizaxe da lingua galega, así coma da súa promoción e valorización social.