Índice
"Valentín Paz-Andrade. Letras Galegas 2012"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha exposición divulgativa sobre a figura e a obra de Valentín Paz-Andrade. A exposición, dirixida a un público adolescente estará en itinerancia neste primeiro semestre por nove centros de ensino de toda a xeografía galega. A partir do seguinte semestre poderase visitar en distintas bibliotecas nodais.
Podes visitar a exposición nos seguintes centros:
IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa). 13 de abril ao 20 de abril
IES Marco do Camballón (Vila de Cruces). 20 abril ao 27 de abril
CPI da Picota (Mazaricos). 27 abril ao 30 abril
IES O Mosteirón (Sada) 4 maio ao 11 maio
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo). 11 maio ao 25 maio
IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia). 25 maio ao 1 xuño
IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives) 1 xuño ao 11 xuño
IES Gregorio Fernández (Sarria). 11 xuño ao 15 xuño
CPI Doutor Daniel Monje (Navia de Suarna). 15 xuño ao 22 xuño
E nas bibliotecas:
Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra. 6 setembro ao 16 setembro.
Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. 18 setembro ao 31 setembro
Biblioteca nodal de Lugo. 2 outubro ao 14 de outubro
Biblioteca nodal da Coruña. 16 outubro ao 29 de outubro
Espazo Xoven de Ourense. 1 novembro ao 14 de novembro
Museo do Mar de Galicia en Vigo. 15 decembro ao 19 xaneiro
Ademais dos paneis explicativos podes atopar audiovisuais con interesantes entrevistas que che axudarán a coñecer mellor a Valentín Paz-Andrade