Índice
Valentín Paz-Andrade, por Isaac Díaz Pardo
O 23 de abril de 1899 nace en Lérez, Pontevedra, onde vai residir e realizar os seus estudos primarios e de segundo ensino. Dende un principio, vao ser iniciado nas letras polo seu tío Xoán Bautista Andrade, quen lle presentará sendo aina moi novo a Castelao.
En 1917, comenza os estudos de dereito en Santiago, mentres, xa estaba colaborando con La Correspondencia Gallega e Alma Galaica, de Pontevedra.
En 1921, se licencia en Dereito pola Universidade de Santiago e comenza a exercer a defensa na Audiencia de Pontevedra, pero moi pronto ten que saír para o frente de Africa. Dende alí escribe artígos para El Noroeste de A Coruña.
A principios do ano 1922, después de ser evacuado a Murcia por unha baixa, chega a Coruña como quito repatriado de Marruecos.
O 25 de xulio desde mesmo ano, sae á rúa o pimeiro número do xornal Galicia, de Vigo, que el vai dirixir. No verán de 1924 pasa un mes no cárcere de Vigo por dous artigos publicados no xornal, e despois dun ano e medio, concretamente o 15 de setembro do 26, o Galicia desaparece definitivamente. En abril de 1927, faise cargo do asesoramento da Sociedade de Armadores de Bouzas La Marítima. Neste mesmo ano, D. José Barreras finda Industrias Pesqueras, revista marítima quincenal na que colabora dende os primeiros números.
En 1928, aparece o seu primeiro libro: “Los puertos nacionales de pesca en España. Aportación de Vigo al estudio del problema”, editorado pola Unión de Entidades Viguesas.
A principios de 1930, participa na fundación en Vigo do Grupo Autonomista Galego, do que é nomeado Presidente, e comenza a participar en múltiples mitins a prol da Autonomía.
En 1931 redacta, con outros catro membros do Seminario de Estudos Galegos, o anteproxecto do Estatuto de Galiza, e se presenta ás eleccións a Cortes Constituintes pola minoría galeguista con Castelao e Ramón Cabanillas. A principios de Nadal, participa na constitución en Pontevedra do Partido Galeguista. O 3 de xaneiro de 1932 sufre un atentado na rúa Principe no que recibe 5 impactos. Estaba a mediar na folga que os mariñeiros sostiñan contra os armadores.
En outubro de 1933 é nomeado profesor auxiliar da Escola Superior de Traballo de Vigo.
En febreiro de 1936, preséntase como candidato ao Parlamento pola circunscripción de Pontevedra da Candidatura Republicana de Centro. Nesta época escribe asiduamente para El Pueblo Gallego, de Vigo. A partir do 18 de xulio, vai pasar os días no seu bufete pendente das noticias, mentras axuda a fuxir por Portugal a varios amigos. O 9 de setembro desde mesmo ano é desterrado a Verín, onde vai sufrir outro atentado, pero esta vez se consecuencias. Os desterros continúan en Requeixo de Queixa (onde vai escribir non poucos poemas), Castro Caldelas e Trives. En Nadal do 37 cancélanlle o desterro, e volta a Vigo ao seu traballo no bufete.
En agosto de 1939, volve a ser detido e desterrado a Villanueva de la Serena (Badajoz) ate finais de ano.
No ano 1942 sucede a Fernando de Miguel na dirección da revista Industrias Pesqueras que xa non deixará ate a súa morte.
No verán de 1950 pronuncia varias conferencias en Buenos Aires invitado polo Centro Galego, sendo recibido polo Presidente Perón. Visita tamén Montevideo, Sao Paulo, Santos e Río de Janeiro. Recibe o encaro de xestionar dende Vigo a Mostra de Pintores Galegos que se celebrará en Buenos Aires en 1951.
No ano 1952 volta a América, esta vez a Chile, pois e requerido pola FAO. Neste ano saca do prelo dúas publicacións: Pranto Matricial editado pola editorial Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e Principios de Economía Pesquera, editado pola FAO en Chile.
No ano 55 continua con outra misión de ordenación xurídica e económica das pesquerías, neste caso en Bogotá, e tamén por encargo da FAO. A súa xeira americana continúa en 1957, pois vai participar nos actos do Cincuentenario da fundación do Centro Galego de Buenos Aires. Será a editorial Galicia, desde Centro, a que lle editará no 59 “Galicia como tarea”.
En 1959, colabora con Manuel Cordo Boullosa no proxecto de construcción dunha refinería de petróleo en Vigo.
En 1960, fúndase Pescanova, S.A., sendo nomeado Vicepresidente.
A principios do 64 elabora o Proxecto para a creación dun Banco Industria de Galicia. O 7 de xuño é nomeado membro numerario da Real Academia Galega.
Durante estes anos, vai asistir por todo o mundo (Londres, Göteborg, Lorient, Roma...), a diversos congresos sobre o mundo da peca, mentres continúa publicando arigos e reseñas en numerosos xornais nacionais e internacionais. Non abandona tampouco o ensaio -publica La Anunciación de Valle-Inclán no 67- nin a poesía, Sementeira do Veno sae do prelo de Galicia editada en Madrid por Siglo XXI.
En 1973, celébrase por primeira vez en Vigo a Exposición Mundial da Pesca. Nestes anos, volve á actividade política: é designado representante galego na Junta Democrática, creada en Paris, e o 4 de decembro de 1976 entra a formar parte da Comisión Negociadora da Oposición Democrática representando a Galicia como independiente. Finalmente, o 15 de xuño do 77 é elixido senador pola Candidatura Democrática Galega.
O 11 de febreiro de 1978, ingresa na Real Academia Galega coa disertación A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Nos seguintes anos sacará do prelo: Cen Chaves de Sombra (1979), Castelao na luz e na sombra (1982), e Galiza lavra a sua imagen (1985), o seu derradeiro libro.
Entre os premios e galardóns que recebe nestes anos destacan:
- Pedrón de Ouro (1975)
- Cruz de San Raimundo de Peñafor (1978)
- Medalla Cidade de Pontevedra (1979)
- Medalla ao Mérito Social Marítimo (1984)
- Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1984)
- Académico de Número da Academia Galega das Ciencias (1985)
- Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (1986)
- Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986)
Valentín Paz-Andrade é o exemplo do comportamento dun intelectual non especialista. era como un sabio renacentista con conocementos universais, que ficaba ben seguro de que os valores da cultura se lle dan as costas ás preocupacións, ás inquedanzas, á sorte dos homes do seu tempo, en xeral, non acadan trascendencia.
Valentín foi avogado, xornalista (dirixiu un xornal fundado por el), escritor, conferenciante, poeta e tamén político; adequeriu serios conocementos históricos que lle permitiron centrar nos antecedentes, as súas ideas. A Valentín non lle pasaba como a tantos outros que según o que escreben ou falan nótaselles o desconocemento histórico que teñen.
Pero, ademais, era un dos valiosos economistas que do o noso país, que loitaron e loitan contra a ignorancia xeneralizada, ben situada. Valentín soupo informar e impulsar a creación de empresas, algunha das cuais segue a ser un exempro económico na formación de recursos.
A orientación da súa vida e da súa obra eran o ter a Galiza como tarefa, que é o título dun dos seus libros fundamentais.
Unha das virtudes de Valentín Paz-Andrade estaba no campo das relacións humanas. A súa tolerancia era verdadeiramente provervial.
Non renuncióu en ningún intre á súa ideoloxía, ás súas conviccións, socialis, económicas e políticas; mais isto non lle impedía manter boas relacións cos que non participaban dos seus credos. Certo que resultaban sonoros e elocuentes os seus silenzos e a súa sorisa cara aos seus amigos e aos seus nemigos, que al final dábanlle a razón ou deixábano por imposible. Valentín non interviña cando via que o debate non conducía a ningures. Mais, pola contra, estaba sempre disposto a axudar aos amigos e a quen facían alo positivo.
* Publicado en "Valentín Paz-Andrade", Vigo: SIPSA, 1999, pp, 3-7.