Índice
Valentín na transición democrática, por Alfonso Álvarez Gándara
Levaba no corpo compo quen leva un souvenir, polo menos unha, que eu lla vin en radiografía, días despois de que o turismo conducido polo seu bó amigo, Lago Goberna, lle pasara por riba, tamén sen resultado decisivo.
Pero alén da súa personalidade xurídica, económica, xornalística, literaria, está a súa aportación especificamente política á causa galeguista e democrática.
A min cómpreme destaca-la súa participación na tarefa da Xunta Democrática. Precisamente tiven a honrosa oportunidade de ser suplente dil na sesión de decembro de 1974, en Paris.
Valentín asistía sempre ás xuntanzas que se celebraban en Coruxo, na casa de Darío Álvarez Blázquez, e formou pare da presidencia na sesión constitutiva da Xunta de Galicia, que fixemos no Hotel do Parque, en Viana. Estaba espléndidamente recuperado do que fora unha seria inflexión da súa saúde poucos anos antes.
Todos sabíamos que a Xunta estaba básicamente motorizada polo Partido Comunista e, a pesar de que as forzas nacionalistas non acababan de encaixar naquela plataforma unitaria, Valentín comprendeu que o PC estaba xa sinceramente incorporado ao pensamento democrático e que a Xunta era o verdadeiro ariete para a transición, para a ruptura pactada ¿Por qué non imos asumir definitivamente esta terminoloxía?
Logo, pola súa personalidade, que todo o mundo recoñecía dentro e fóra de Galica, foi o noso representante na Comisión negociadora.
Sobor de todo isto, e logo o seu mandato como senador, non foi mal remate para o seu currículum político.
En 1997, décimo cabodano de Valentín e centenario do nacemento de Carlos Maside, o Concello de Vigo faría ben en concederlles senllas rúas na cidade en que ambos viviron e traballaron tantos anos, en permanente pulo de galeguidade.
* Publicado en "Valentín Paz-Andrade", Vigo: SIPSA, 1999, pp, 21-22